28.10.16
27.10.16
VISITA A CIDADE DE PORTO
ORGANIZA:
XEOGRAFÍA E HISTORIA, BILINGÜE
DATA
XOVES 27 E VENRES 28 DE OUTUBRO 2016
PROGRAMA DA VISITA Á CIDADE DE PORTO
DÍA 27, XOVES
Saída en autocar a
primeira hora da mañá cara Porto. Chegada 3 horas despois aprox. Instalación nun céntrico hotel da cidade .
Visita a pé polo centro
histórico da cidade visitando: Catedral,
Torre dos clérigos, Palacio da Bolsa, librería Lello e irmao, ribeira do río
Douro… No medio destas visitas parada
para comer (non incluida).
Participación na
actividade: Story tellers sobre a historia da cidade (en inglés e portugués).
Volta ao hotel e cena
(non incluída)
DÍA 28, VENRES
Visita da Fundación
Serralves, o museo de arte contemporánea máis importante de Portugal e un dos
máis importantes de Europa. Visitaremos as exposicións dedicadas a Joan Miró e
aos artistas portugueses contemporáneos.
Comida en Matosinhos (non
incluída)
Visita guiada (en inglés)
en Gaia dunha adega de viño do Porto.
Volta a Cambados. Chegada
aprox. 21-22 horas.
13.10.16
Coñecendo as nosas institucións: Mancomunidade do Salnes
Obxectivos: Que os alumnos Identifiquen a estrutura funcional e xurídica das institucións de caracter local, e recoñecer os organismos e as persoas que a integran.
"A Mancomunidade do Salnés é unha administración pública de carácter local que está integrada polos nove concellos que conforman a comarca do Salnés: Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa, Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove, abarcando unha poboación aproximada de 111.000 habitantes".
ALUMNADO: 1º e 2º ciclos Medio e Superior de Administrativo
DATA: Venres, 14 de Outubro
LUGAR E HORA: Salón de Actos, ás 11,45 horas (3ª hora)